Eis o programa das I Xornadas Transformar Ferrolterra para Transformar Galiza. Está solicitado un crédito de libre elección pola UDC.

Data: 27 de abril
Lugar: Casa Solidaria de Ferrol (R/ Velázquez 44).

10.30h - A crise, o sistema e a soberanía. Si existen alternativas! Proxección do documental titulado do mesmo xeito e palestra a cargo de Manel Grandal, Responsábel Comarcal da CIG en Ferrolterra.

12.00h - O desmantelamento do sector naval de Ferrolterra. Sabemos e queremos construír barcos Palestra a cargo de Xosé Díaz (Traballador do Naval, Ex-deputado no Parlamento Galego e con varios traballos sobre o sector naval) e Ramón Yáñez (Profesor da UDC de Enxeñaría Naval e Oceánica no Campus de Ferrol).

14.00h - Fin da xornada de mañá.

16.30h  - A degradación do patrimonio na comarca de Ferrolterra Palestra a cargo de Iván Rivas, arquitecto, Responsábel de oXixenOº Arquitectura e Voceiro do BNG na cidade de Ferrol

18.00h - Como defenderes os teus dereitos lingüísticos. Presentación do libro e palestra por Carlos Callón, presidente da Mesa pola Normalización Lingüística e Voceiro da Plataforma Cidadá Queremos Galego.

19.30h - Descanso

20.00h - Mallando nas novas tecnoloxías, a rede en galego. Palestra a cargo de Iago Varela, blogueiro, cofundador da Rede de Blogues Vencello, editor de Mallando no Android e Mallando na e-ira.

21.00h - Fin das xornadas

0 comentários:

Enviar um comentário

top